Conecta co ecosistema emprendedor de Galicia.

Unha plataforma para emprendedores, colaboradores e investidores con ganas de construír xuntos o futuro.

Que é XúntaTe?

XúntaTe é unha nova plataforma dixital deseñada para facilitar a conexión entre os principais axentes do emprendemento galego: emprendedores, perfís profesionais que procuran incorporarse a un proxecto e investidores para validar un modelo de matching aberto e verificado, onde os participantes poderán descubrir novos proxectos, compartir intereses e crear sinerxias reais.

A túa participación será clave para dar forma a esta rede dixital de talento,innovación e emprendemento en Galicia.

A quen vai dirixido?

Emprendedores

Tes unha idea ou un proxecto en marcha e estás a buscar alguén que se una, compleménteche ou axúdenche a facelo crecer.

Colaboradores ou perfiles clave

Buscas un proxecto no que implicarche. Podes achegar coñecementos en deseño, programación, operacións, márketing, produto…

Investidores e industria

Queres estar preto das novas ideas que están a nacer en Galicia. Buscas investir, mentorizar ou colaborar con talento emprendedor.

Como funciona XuntaTe?

O funcionamento da plataforma é sinxelo, áxil e 100% dixital:

  1. Rexístrate e creas o teu perfil como emprendedor, investidor ou colaborador.
  2. Exploras perfís compatibles segundo os teus intereses e obxectivos.
  3. Dás like ou descartas cada proposta.
  4. Se o interese é mutuo, hai match!
  5. Podes chatear, compartir contacto e xerar conexións reais.

Sen algoritmos opacos nin límites artificiais. Aquí, o filtro decídelo ti.

Por que participar?

Porque poderás:

O teu feedback será escoitado e terá impacto directo no desenvolvemento da plataforma.

Preguntas frecuentes (FAQs)

Persoas con perfil emprendedor, técnico ou investidor, maiores de idade e con interese en crear ou apoiar proxectos en Galicia.

Si. A participación non ten custo.

Non é necesario. Podes participar cunha idea incipiente, en procura de equipo ou simplemente con ganas de sumarte a unha aventura.

A plataforma permitirache explorar continuamente novos perfís. Tamén poderás axustar os teus filtros.

Solicita o teu acceso a XuntaTe

Se tes calquera dúbida ou problema técnico podes poñerte en contacto a través deste correo: xuntate@dpiestrategia.com

Indícanos o teu perfil e interese. Validaremos a túa solicitude nun prazo breve e enviarémosche un correo cos seguintes pasos.